CLUB DE LECTURA

IES de Barro


Deixar un comentario

Eduardo Pondal

EduardoPondal

MATERIAIS DE LINGUA E LITERATURA

O derradeiro irmán de entre sete fillos nunha familia de orixe fidalga enriquecida coa emigración a América, Eduardo Pondal quedou orfo de nai ao ano de nacer, seu pai era comerciante. Estudou dende 1844 gramática latina na escola que tiña un parente seu crego (Cristóbal de Lago) en Vilela de Nemiña. En 1848 instalouse en Santiago de Compostela para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. De estudante frecuentou o Liceo de Santo Agostiño, onde había tertulias literarias, e revelouse como poeta, co seu íntimo amigo Aurelio Aguirre, nunha ocasión que se fixo célebre: o banquete de Conxo, do que falan todos os historiadores da literatura galega. Foi un banquete organizado en 1856 polos estudantes liberais en homenaxe “ao terceiro estado”, no que fraternizaron obreiros e estudantes. Os brindes de Aguirre e de Pondal tiveron un sentido político moi avanzado, e por eles procesounos a Audiencia da Coruña que chegou a considerar deportalo ás Illas Marianas. Desta época datan os seus textos manuscritos máis antigos, atopados no arquivo do arcebispado de Santiago de Compostela.

Ao rematar a carreira en 1860 exerce como médico militar da Armada Española en Ferrol. En 1861 fixo oposicións en Madrid ao corpo de Sanidade Militar, mais, tras conseguir un posto na fábrica militar de Trubia (Asturias), deixou a praza e abandonou de maneira definitiva a profesión médica retornando á casa paterna. O 2 de xullo de 1861 celebráronse na Coruña os primeiros Xogos Florais de Galicia, no que Pondal participou con A campana d’Anllóns, o seu primeiro poema en galego que se publicou ao ano seguinte no Álbum de la Caridad.

Pondal apenas exerceu a súa carreira médica. Retirouse axiña á súa casa paterna e alí viviu, con frecuentes viaxes a Santiago de Compostela e á Coruña, onde concorría á libraría de Carré, chamada a “Cova Céltica”, na que mantiñan un parladoiro Andrés Martínez Salazar, Manuel Murguía, Florencio Vaamonde, Evaristo Martelo Paumán, Manuel Lugrís Freire e outros. Alí accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón o papel de “bardo” da nación galega, exercendo como guía e intérprete da rota a seguir.

No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. “Os pinos”, xurdido das sucesivas reelaboracións de “Rumores de los pinos”, conformará o himno galego, ao que Pascual Veiga lle porá música.

Cova de Ossian en The Hermitage, Dunkeld, Escocia

A saudade de Pondal, poeta da liberdade, que ansiaba levantar un pobo, oriéntase cara a un pasado que el imaxinaba libre e independente, e que o seu impulso lírico quer reconquistar. A poesía de Pondal proponse renovar a historia. Como do pasado céltico non quedan máis que vagos vestixios, Pondal esfórzase en adiviñalo, guiándose polos poemas de Ossian, por algunhas citas de Leabhar Ghabhála e polas investigacións de Murguía, e crea un mito fragmentario, distante da historia, indeterminado, arredor de dous arquetipos: o Heroi e o Bardo. Pero trátase dun pasado de gran beleza e dunha forza de suxestión extraordinaria.

Pondal, poeta abandeirado do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Mais Pondal é tamén un excelente cultivador da poesía lírica, recreando unha paisaxe agreste inspirada nas terras de Bergantiños. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica. No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe.

Eduardo Pondal faleceu na Coruña no hotel “La Luguesa” en 1917 e repousa desde entón no cemiterio de Santo Amaro.

Poema a fala, interpretada por Juan Pardo

Himno galego
  Os pinos  en son de poetas

himno cantado por chineses

O celtismo

A cultura castrexa

 Os bardos

Entre os antigos celtas, un bardo (do celta *bardos, do PIE *gwerH2 e a través do latín bardus “erguer a voz, louvar”) era unha especie de poeta oficial cuxa misión era celebrar os grandes feitos nacionais, especialmente as accións heroicas e as vitorias.

Os bardos da Galia (bardos), Bretaña (barz ou barth) e a Gran Bretaña (bard) constituían unha clase social con privilexios especiais. Continuou a existir en Irlanda (bard) e Escocia, onde na época medieval eran músicos itinerantes, empregados ás veces por un señor para o que compuñan euloxios (ou sátiras, chegado o caso). Hoxe só se pode falar de bardos propiamente en Gales, onde reviviron a raíz de xogos florais, coñecidos como Eisteddfodau, que se recuperaron a partir de 1822. No Gales moderno, un bardd é un poeta que participou nunha Eisteddfod.

Os bardos foron idealizados durante o Romanticismo por autores como Walter Scott e polos celtistas. O termo acabou significando “poeta lírico” e aplicóuselle tanto a William Shakespeare como a Eduardo Pondal. Durante o século XX o termo perdeu esa connotación celtista e acabou designando a calquera poeta.

Os druídas

.Os druídas eran unha elevada clase social dentro das tribos celtas, desempeñaban funcións relixiosas, médicas e de ensino. Os privilexios dos que disfrutaban (non tomaban parte nas guerras e estaban exentos do pago dos impostos) atraían moitos rapaces da nobreza para tomaren o ensino necesario e convertérense en druídas. Os coñecementos transmitíanse oralmente durante unha aprendizaxe de vinte anos na que estudaban a natureza e os rituais celtas.

Descoñécese a etimoloxía da palabra “druída”, mais Plinio o Vello relacionábaa co termo grego drus (aciñeira); non obstante, actualmente os historiadores cren que o máis probable é que proceda do termo celta dru-uid-es, que significa “os moi sabios”.

A romanización e posteriormente o cristianismo perseguiron os druídas ata que acabaron por disolver a relixión celta, da cal os druídas eran os principais depositarios.

BREOGÁN

280px-Torre_de_Hércules_-_DivesGallaecia2012-62

Breogán é un mítico rei céltico de Galiza. Moitas versións existen sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega; en realidade foi o referente das tribos galaicas, pois o concepto de estado-nación procede do século XIX. O seu pai é Brath, e os seus fillos son Ith e Belenus, entre outros.

Fillo de Breo, “Breo-genus“, Breo é o Brath gaélico. Existen unhas aras adicadas ao “deus lar Berobreo” localizadas no Monte Facho de Donón, no concello de Cangas do Morrazo. As aras están escritas en latín, sendo de resaltar que “deus lar” significaba na súa orixe “defunto divinizado, polo que se podería traducir como aras adicadas ao “defunto divinizadoBerobreo.

Lenda
Existe unha lenda na que se conta que a estirpe de Breogán chega a Galiza desde Exipto, fuxindo das pragas da época de Moisés. Con toda probabilidade esta parte da lenda foi creada en tempos medievais, cando existía unha gran tradición cristiá, isto é, no momento da súa transcrición, nos séculos XIXII.

Galiza descríbese poeticamente no Himno galego coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda irlandesa incorporada no século XI á compilación Leabhar Ghabhála Érenn (“Libro das Invasións”), o rei Breogán, fundador da nación céltica galega, construíu na cidade de Brigantia (de emprazamento descoñecido mais identificada coa actual Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira verde distante desde o seu cumio. A ollada desa terra enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, saíndo dende Brigantia chegaron a Irlanda e conquistárona.

A obra Trezenzonii de Solistitionis Insula Magna (século XI), narra unha historia paralela á lenda de Breogán, a viaxe do monxe Trezenzonio.


Deixar un comentario

Curros Enríquez

currosCurros Enríquez naceu en Celanova no 1851, na casa número 14 da rúa de San Roque. Era fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de Santiso-Melide) e de Petra Enríquez (de Vilanova dos Infantes). A pesar de que certos biógrafos indican que seu pai era un carlista, que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, o certo é que as modernas investigacións determinaron que, ben polo contrario, Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. No tocante ás relacións pai-fillo, se ben que semella que, efectivamente, foron difíciles, convén desterrar definitivamente aquela imaxe duns maltratos que non se axustan á realidade. Asistiu á escola de don Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudarlle a seu pai como escribente. En 1866 marchou cara a Madrid, á casa do seu irmán Ricardo, onde fixo o bacharelato e comezou a estudar Dereito aínda que non rematou.

Participa na Revolución de 1868 que derroca a Isabel II o cal fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios coa intención de facer alí carreira literaria, desa época é a lenda en castelán, El Maestre de Santiago. Dende 1871 viviu con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez (natural de Pobra de Seabra), coa que tivo un fillo en 1873 e coa que casa no 1877 aínda que se acabrá divorciando máis tarde. En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na Gaceta de Madrid e ao ano seguinte entra en El Imparcial, para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a terceira guerra carlista escribindo as Cartas del norte. Sucedeulle na tarefa outro correspondente, Fauró, tras ser ferido de bala por un axudante do brigadier Mariné con quen compartía habitación segundo relata no tomo III o recompilador das súas obras completas para a Casa editorial Perlado, Páez y C.ª, Sucesores de Hernando (Madrid, 1910).

No 1877 gaña un certame poético en Ourense cos poemas Unha boda en EinibóO Gaiteiro de Penaltae “A Virxe do Cristal“. Esta vitoria determinouno como poeta galego. Curros establécese en Ourense e traballa na Intervención da Administración Económica (Facenda). Colabora no xornal El Trabajo.

En 1880 publicou Aires d’a miña terra, libro de poemas no que pon de manifesto o seuanticlericalismo ó considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema “Mirand’ó chau” no que, entre outras cousas escribe o celebre verso S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve. A reacción eclesiástica non se fixo esperar e o 28 de agosto dese mesmo ano 1880 o bispo de Ourense Cesáreo Rodrigo Rodríguez condena e reproba o libro por conter “proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas”. Prohíbese ós fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia, mentres que Curros foi condenado a dous anos e 4 meses de cadea e ó pago dunha multa de 250 pesetas. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña.

Perdido o posto de traballo en facenda, volta a Madrid en 1883 e ingresa na redacción de El Porvenir, xornal republicano, e en 1887 accedeu ao posto de redactor xefe de El País e en agosto de 1888 apareceu O divino sainete, que pasou desapercibido para a crítica galega polo seu ton anticlerical.

En 1894 decide emigrar cara a América. Acollido con entusiasmo á súa chegada, en La Habana dirixe un xornal, La Tierra Gallega e cando se suspendeu a súa publicación ingresou na redacción de El diario de las Familias e despois na do Diario de la Marina, no que apoia os autonomistas cubanos, o que lle causou problemas coas autoridades e acabou indispoñéndose coa maioría dos seus paisanos. En 1904 viaxa á Coruña, onde foi agasallado polos rexionalistas e inicia xunto con Manuel Murguía a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, base da futura Real Academia Galega e da que será nomeado presidente ó ano seguinte. De volta a La Habana, retoma as súas actividades no Diario de la Marina.

Curros Enríquez, xa moi enfermo, ingresou no hospital do Centro Asturiano ao negarse a facelo no do Centro Galego e alí morreu o 7 de marzo de 1908. Os seus restos mortais foron embarcados para Galicia onde chegan o 31 de marzo á cidade da Coruña na que é enterrado no cemiterio de San Amaro.

son de poetas

https://www.youtube.com/watch?v=0RxQ6WwTtmA#t=91

Vídeo sobre o caciquismo en Galicia


Deixar un comentario

MEMORIAS DUN NENO LABREGO DE XOSÉ NERA VILAS


Memorias dun neno labrego
 é unha novela de Xosé Neira Vilas publicada en Arxentina en 1961.

Segundo o seu autor, Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre de 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces. Malia non tratarse dun texto autobiográfico, parte dun escenario e mais dunha época concreta.

O libro tivo como primeiro lector a Rafael Dieste. Deseguido, Luís Seoane amousou o seu interese pola obra e fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición.

Hoxe é o libro máis lido da literatura galega e está traducido a algunhas das linguas máis faladas (alemán, chinés, portugués, español, ruso, italiano, checo, inglés, francés…)

O protagonista é Balbino, un neno da aldea, que ten que se bater coa pobreza e as inxustizas da sociedade galega de xacando.

Así comeza a novela:

“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre”.

http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html

Xosé Neira Vilas

xuño 2012

xuño 2012

Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra.

  • En 1949 emigra a Bos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e codirector do xornal Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega.
  • Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial “Follas Novas” para difundir o libro galego en América.
  •  Publica en 1960 o poemario Desde lonxe e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego.
  • Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario.
  •  En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos.
  •  Desde 1983 ata que se xubilou, desempeñou o cargo de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria.
  • En Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros ao redor do tema.
  •  Regresou a Galicia  e radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal, onde preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas.
  •  Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas.
  • http://www.fundacionxoseneiravilas.com/portada.php
  • http://sondepoetas.blogspot.com.es/2012/02/ai-amor-xose-neira-vilas.htm
  • Agosto 2012. Homenaxe a Pousa Antelo

    Agosto 2012. Homenaxe a Pousa Antelo

  • As festas tradicionais en Memorias dun neno labrego
  • Os xenerais do Ulla.

Fala desta festa tradicional dos concellos de Vila de Cruces, Teo, Vedra , Boqueixón, Touro, A Estrada, Santiago de Compostela e Padrón no capítulo titulado Loito : ” Primeiro chegaron os “correos”. Eran catro. Todos co seu para de luvas, pantalón branco e chaquetas relucintes. Viñan en facos pedreses, garnidos con fitas…” Non tardaron en aparecer os xenerais montados en cabalos galloufeiros…e lucindo traxes rechamantes…”

  •  O fumazo

Hai un capítulo dedicado a esta festa que coincide coa entrada do verán.

http://www.galiciaespallada.com.ar/festa_de_san_xoan.htm


1 comentario

Hello world!

Welcome to WordPress.com. After you read this, you should delete and write your own post, with a new title above. Or hit Add New on the left (of the admin dashboard) to start a fresh post.

Here are some suggestions for your first post.

  1. You can find new ideas for what to blog about by reading the Daily Post.
  2. Add PressThis to your browser. It creates a new blog post for you about any interesting  page you read on the web.
  3. Make some changes to this page, and then hit preview on the right. You can always preview any post or edit it before you share it to the world.